A Confraría de Pescadores de Ribadeo acollerá un taller de iniciación ao microscopio

AMariñaXa
O alcalde, Dani Vega, contou que a través del aprenderanse “preparación microscópicas e a observar os secretos que esconden a ría"
curso-confraría-Ribadeo
11 Xul 2024

A Confraría de Pescadores de Ribadeo acollerá un taller de iniciación ao microscopio o vindeiro 18 de xullo. O alcalde, Dani Vega, contou que a través del aprenderanse “preparación microscópicas e a observar os secretos que esconden a ría. Contamos coa colaboración da Xunta de Galicia, do Centro de Cultivos Marinos e evidentemente co profesor, coa persoa que vai preparar todo isto que é Dani Prieto”.

O rexedor cre que a “colaboración entre as administracións está sendo un éxito, tamén no aspecto formativo, e dámoslle un impulso moi importante a Confraría de Pescadores, á nosa lonxa, porque tamén, aparte de facer o traballo cotiá, empeza a facer actividades divulgativas, formativas, entorno ao que esconde a ría e todos os aspectos formativos no sector pesqueiro”. O curso dará comezo ás 11 da mañá os interesados poden anotarse no correo electrónico biologo@cofradiaribadeo.org

0.20225501060486