A Confraría de Pescadores de Celeiro recibiu unha maquina industrial lavacaixas e outros equipamentos
Durante estes días a Confraría de Pescadores de Celeiro recibiu unha maquina industrial lavacaixas da marca MIMASA modelo M600E valorada en 179,175 euros, adquirida a través dunha subvención da Consellería do Mar, e de fondos FEMP.
A citada adquisición é dunha axuda do proxecto colectivo Equipamentos Celeiro-2022, que presentou a entidade pesqueira para mellorar a eficiencia enerxética, a protección do medio ambiente, a seguridade das condicións de traballo e a calidade e control así como a rastreabilidad dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciados polo fondo Marítimo da Pesca (FEMP).
Equipamentos
En equipamentos portuarios a entidade pesqueira celeirense dentro do denominado proxecto colectivo de equipamentos obtivo unha subvención total de 249.730 euros dos cales 70.555 corresponden a unha máquina de limpeza (varredora) Karcher MIC-35, e os 179.175 da máquina lavacaixas.
A máquina xa está depositada no lugar onde se vai a situar, na nave de almacén e lavado de caixas, infraestrutura esta que actualmente tamén está a construír a Confraría de Pescadores. A viabilidade desta nave obedece a ser o local destinado a lavado e almacenaxe das caixas que se usan na lonxa.
As obras, autorizadas por Portos de Galicia, están a levarse a cabo no peirao sur nunha zona anexa ás instalacións industriais. O montante do orzamento da citada obra cífrase en 515.100 euros concedida para a mellora da eficiencia enerxética e mellora das condicións de seguridade, salubridade e condicións de traballo dos produtos desembarcados da pesca. Trátase dun proxecto plurianual cuxa data de finalización está fixada para o 30 de setembro do actual exercizo.
Nave para redes de arrastre
Por outra banda Portos de Galicia ten practicamente ultimada a construción dunha nova nave, que se está terminando de construír no peirao norte, e que será utilizada como instalación para redes.
A citada nave outorgarase en réxime de concesión á Confraría de Pescadores de Celeiro quen actualmente está a realizar os oportunos trámites co ente portuario da Consellería do Mar.
Confíase que ao longo do presente mes de abril a Confraría poida recibir a instalación a fin de poder poñela a desfrute dos seus asociados unha vez lle sexa outorgado o titulo de ocupación do dominio público portuario. A nave dividirase en 3 partes iguais para uso e goce das embarcacións profesionais da frota.