A Confraría de Pescadores de Burela únese á manifestación contra o Real Decreto da produción de enerxía eléctrica instalada no mar
O vindeiro 6 de abril ás 12.00 horas diante da Confraría de Pescadores de Burela haberá unha manifestación por mor da publicación do Real Decreto por el que se regula la Producción de Energía Eléctrica en instalaciones ubicadas en el mar.
Esre Real Decreto da o "primeiro paso da poxa dos caladoiros de pesca para ser ocupados pola industria eólica mariña", din desde a Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños, "e tendo en conta que o proxecto é unha volta de torca máis na deriva do Ministerios de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico de implantar a eólica mariña nas augas españolas sen ningunha consideración cara os seus impactos socioeconómicos na pesca e nos ecosistemas".
Esta cita servirá para reivindicar a supervivencia dos pobos pesqueiros como Burela "fronte á cobiza das enerxéticas e a complicidade do Goberno central para implantar a eólica mariña en augas españolas sacrificando aos pescadores, ás vilas mariñeiras e aos ecosistemas mariños", din desde a Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños.