A Confraría de Pescadores de Burela continúa coas actividades polo seu centenario

AMariñaXa
Este sábado presentarán os murais Un Mar de Artistas, a peza audiovisual 100 anos, ten historia e Libro dos 100 anos da Confrafría de Pescadores de Burela
Presentación-Confraría-burela
24 Out 2024

A Confraría de Pescadores de Burela continúa coas actividades con motivo do seu centenario. Este sábado presentarán os murais Un Mar de Artistas, a peza audiovisual 100 anos, ten historia e Libro dos 100 anos da Confrafría de Pescadores de Burela. Ditas presentacións terán lugar no salón de actos da Confraría ás 18.00 horas. É un acto aberto a toda a veciñanza.
Deste xeito, presentan a realización de murais nas fachadas frontal e lateral da Confraría. O lateral está inspirado nun primero deseñado polo alumnado de Belas Artes do IES Monte Castelo e o frontal baséase en adaptacións artísticas de fotografías reais.

A dirección corre a cargo do artista local Martín Lestao, que para a súa execución conta cos artistas locais Belén Mogo, Héctor Manasé e Diego Domínguez, onde se combina arte coa historia do porto de Burela e que honra a mulleres e homes do mar de Burela, facendo un guiño ao respecto ao medio mariño, as súas especies e aos océanos.
Xunto ao Torques, podemos atopar sereos, persoas de distintas nacionalidades, etc. plasmando a multiculturalidade de Burela que tamén se traduce no sector do mar. As paredes convértense en auténticas pezas de artesanía, empregando varias técnicas como debuxo, teselas e grafiti. Así mesmo, o mural conta con alumeado de enerxía solar renovable, promovendo a eficiencia, rentabilidade e sosteñibilidade do medio ambiente.

Esta actividade promove a inclusión real e efectiva, posto que conta coa colaboración de entidades locais do ámbito social: Saúde Mental A Mariña, Coidando de Vos, AFAN, Fundación Eu Son e Residencia e Centro de Día da Terceira Idade de Burela, quenes a través de varias master class deixaron a súa pegada nos murais, polo que se trata dun proxecto totalmente inclusivo. 100 anos da Confrafría de Pescadores de Burela é un audiovisual conmemorativo do Centenario, onde se fai un percorrido pola historia da Confraría e do pobo, desde a Burela de principios de século, os seus barrios e a súa tradición mariñeira, ata a Burela do século XXI.

Contaron coas testemuñas dos seus principais protagonistas, a recuperación e dixitalización de material gráfico e audiovisual de gran valor histórico. O audiovisual tamén contén os actos mais salientables e significativos do seu centenario, para que no seu bicentenario os nosos sucesores e sucesoras saiban como o celebramos na actualidade e sirva de soporte de estudio nos vindeiros anos. Libro dos 100 anos da Confrafría de Pescadores de Burela é un libro para desfrutar e visualizar a historia da Confraría durante os 100 anos de vida e a súa aportación socioeconómica e labor social, contribuíndo a facer a Burela que hoxe en día coñecemos, así como un recopilatorio de todas as actividades realizadas co gaio do seu Centenario. A través do libriño tamén se levará a cabo unha homenaxe aos náufragos de Burela.

0.10848307609558