A Confraría de Pescadores de Burela celebra o acto de clausura do seu centenario
AMariñaXa
Realizouse o ronqueo de atún e a súa preparación, así como exposicións e murais no exterior
13 Dec 2024
A Confraría de Pescadores de Burela celebrou a clausura do seu centenario na Nave de Redes do porto burelés. Contou coa visita do deputado de Medio Ambiente, Carlos López, que asistiu ao ronqueo do atún e á súa preparación, visitou as exposicións dos Patróns Maiores e das mulleres con traballos relacionados co mar e tamén os murais do exterior da confraría.
No acto participou o Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas; a Alcaldesa de Burela e Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López; e o Presidente da Confraría de Pescadores de Burela, José Basilio Otero, entre outras autoridades.