A Confraría de Pescadores de Burela acolle mañá unha xornada sobre o Plan de Igualdade

AMariñaXa
A Confraría de Pescadores de Burela acollerá mañá xoves 15 a xornada Pautas para la puesta en marcha de un Plan de Igualdad
confraria pescadores burela xornada remar
14 Sep 2022

A Confraría de Pescadores de Burela acollerá mañá xoves 15 de setembro ás 17.30 horas a xornada Pautas para la puesta en marcha de un Plan de Igualdad, en colaboración coa asociación Amicos, no marco do programa REMAR III.

Na xornada explicaranse brevemente os beneficios e as obrigas da implantación dos Plans de Igualdade en empresas que poidan ser de interese e solventaranse todas as dúbidas ao respecto.

Para asistir é necesaria a preinscrición e pódese atopar máis información na web, chamando ao teléfono 620 378 204 ou enviando os datos de contacto ao mail info@recursosgalicia.es.

0.15973210334778