A Confraría de Celeiro esta executando un proxecto de mellora enerxética do edificio de usos náutico-pesqueiros do peirao norte

AMariñaXa
A Confraría de Celeiro esta executando un proxecto de mellora enerxética do edificio de usos náutico-pesqueiros do peirao norte
peira norte confraria celeiro
23 Xul 2023

Durante este mes de xullo a Confraría de Pescadores de Celeiro puxo en marcha as obras do edificio de usos náutico-pesqueiros do peirao norte, encadradas dentro do denominado “Proxecto de mellora enerxética e salubridade no edificio náutico-pesqueiro do porto de Celeiro”.

Trátase dun proxecto encadrado dentro dos proxectos colectivos de modernización das infraestruturas de portos pesqueiros, subvencionado pola Consellería do Mar ao amparo dunha Axuda de eficiencia enerxética, protección do medioambiente, seguridade e condicións de traballo e calidade de control e rastreabilidad dos produtos da pesca, cofinanciados polo FEMP.

O importe total do proxecto cífrase en 512.800,00 euros, dos cales o 75% é financiado polo FEMP e o 25% restante pola Xunta de Galicia. A Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, e o ente publico Portos de Galicia, apoiaron a iniciativa da Confraría de Celeiro, que preside Domingo Rey Seijas, por considerala unha obra estratéxica de vital importancia.

A confraría de Celeiro ten en concesión as citadas instalacións construídas a principios dos anos oitenta, e o edificio precisaba dunha actuación integral. Está previsto executar as obras no presente exercicio e calcúlase finalizalas, o máis tardar, no mes setembro para xustificar o investimento en outubro.

EDIFICIO SERVIZOS E USOS MULTIPLES NÁUTICO-PESQUEIROS

O citado edificio é un inmoble, onde se desenvolven actividades ligadas ao funcionamento da actividade pesuera, almacéns, oficinas e diversas empresas de carácter náutico pesqueiro, formación marítimo-pesqueira … etc. Co paso do tempo proxectouse unha actuación integral do inmoble, atendendo a criterios de mellora da eficiencia enerxética, para a cal o obxectivo das obras para desenvolver pasa por actuar sobre a envolvente do edificio, seguindo os criterios técnicos. Co inexorable paso do tempo o edificio presentaba problemas de salubridade, polo que se facía necesario mellorar o confort e a seguridade no traballo da instalación e os seus usuarios.

As actuacións previstas no inmuble pasan pola retirada da actual cuberta, de uralita, por unha nova cuberta de panel/chapa especial, con remates, bajantes e canlóns así como portas de aceiro inoxidable; pintado total da instalación a nivel exterior, e interior, mellora da instalación eléctrica, ogras de carpinteria exterior con colocación de novas ventás de aluminio…

As obras están orientadas a mellorar a eficiencia enerxética e a salubridade por iso contémplase illamento térmico con chapas mariñas tipo sándwich, carpinterías exteriores con ponte térmica e acristalamento baixo emisivo, substitución de luminarias por novas tipo lle e detectores de presenza e iluminación de emerxencia, mellora glogal das condicións de salubridade, hixiene e protección,… pintura e selaxe de carpinterías aplicación de pinturas intumescentes na estrutura metálica…etc. O que se di unha obra que permitirá “dar un bo lavado de fronte” a unha instalación estratéxica moi necesaria para o sector pesqueiro de Celeiro.

0.19242000579834