A Confraría da nosa Señora de Valdeflores vén de ser nomeada Real Confraría
A Confraría da nosa Señora de Valdeflores vén de ser nomeada Real Confraría, a distinción máis elevada, polo Rei de España, Don Felipe VI. Trátase da segunda institución relixiosa vivariense que alcanza a alta honra.
Tal importante distinción foi froito das múltiples xestións realizadas e da minuciosa e abundante documentación da historia de séculos desta Confraría e que foi necesario remitir á Casa da súa Maxestade, desde o ano 2016 no que se comezaron as xestións encargadas ao vicepresidente e actual secretario, que foi comisionado pola Confraría para ese efecto.
Todo iso motivou múltiples comunicacións cruzadas entre a Confraría da nosa Señora de Valdeflores e Casa da súa Maxestade.
Por todo iso, en Viveiro existen actualmente dúas entidades Reais, a Irmandade das Sete Palabras, desde 2022 e agora a Confraría da nosa Señora de Valdeflores. En ambas ostenta a condición de Irmán Maior Honorario, o Rei Felipe VI.
"Na historia de moitos séculos deste pobo xamais se produciu un feito semellante. Polo que supoñerá un fito que quedará sinalado nas crónicas históricas desta localidade para os séculos vindeiros", dixeron dende a Confraría.