A Confederación Hidrográfica do Cantábrico acomete labores de conservación no rego da Lagarteira, en Vegadeo

AMariñaXa
Os traballos céntranse na retirada de árbores caídas e restos vexetais para mellorar o desaugadoiro e previr inundacións
concello-vegadeo
27 Oct 2025

A Confederación Hidrográfica do Cantábrico (CHC) iniciou esta semana as labores de mantemento e conservación no rego da Lagarteira, situado nas inmediacións de Vixande, no concello de Vegadeo. As actuacións teñen como obxectivo garantir o bo estado do leito e mellorar a súa capacidade de desaugadoiro, co fin de evitar posibles inundacións durante os períodos de choiva intensa.

Os traballos consisten principalmente na retirada de árbores caídas, ramas e restos vexetais acumulados, elementos que dificultan o paso da auga e poden provocar obstrucións no leito. Estas tarefas forman parte do Programa de Mantemento e Conservación de Cauces fóra de zonas urbanas, que a CHC executa a través da empresa pública Tragsa.

O tramo no que se está a actuar abrangue aproximadamente 60 metros de lonxitude, e conta cun orzamento inicial de 6.000 euros. Segundo sinala o organismo, este tipo de intervencións permiten reducir o risco de enchentes, conservar o equilibrio ecolóxico e mellorar o comportamento hidráulico dos cursos fluviais.

Desde a Confederación destacan que esta actuación “reflicte o compromiso continuado coa protección dos leitos naturais e co respecto ao medio ambiente”, lembrando que a prevención é “a mellor ferramenta para garantir a seguridade das persoas e a sustentabilidade dos ecosistemas fluviais”.

⚙ Configurar cookies
0.069823026657104