A concentración de motos do Valadouro xa ten data para o 2023

AMariñaXa
O Moto Club Valadouro vén de publicar nas súas redes sociais que a súa habitual a concentración de motos será do 5 e o 7 de maio de 2023
XXVI motos valadouro 2023
2 Out 2022

O Moto Club Valadouro vén de publicar nas súas redes sociais que a súa habitual concentración de motos, que este ano chegará á súa XXVI edición terá lugar entre o 5 e o 7 de maio de 2023 nesta localidade mariñá.

Polo momento non hai programa pero prevese que coma outros anos a concentración desenvolverase dende as 21.00 horas do venres cunha merenda e un concerto, así como diferentes actividades como mercado, rutas, exhibicións acrobáticas e rutas. 

0.12650799751282