A Concellería de Inmigración de Burela organiza un curso de español e galego

AMariñaXa
A concellería de Inmigración, Cooperación e Integración de Burela organiza un curso de español e galego. será o 3 de outubro
aulas clases formacion educacion
28 sep 2022

O Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración do Concello de Burela vai organizar de novo unha acción formativa de alfabetización de persoas adultas para a aprendizaxe dos idiomas da nosa Comunidade. 

Esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo, dando comezo o vindeiro 3 de outubro.

Con esta formación trátase de axudar a lograr unha adquisición lingüística favorable para o bo desenvolvemento tanto na vida social como laboral das persoas estranxeiras, xa que “entendemos que o bo coñecemento e o bo uso do idioma é un dos motores principais para a integración”, explicou a concelleira Noelia Ben.

Ante calquera dúbida, poderán solicitar máis información na Casa do Concello ou ben chamando ao 982 586 000 ou 982 580 609.

0.16899800300598