A Concellería de Inmigración de Burela organiza de novo unha acción formativa de alfabetización de adultos

AMariñaXa
A concellería de Inmigración, Cooperación e Integración de Burela organizar de novo unha acción formativa de alfabetización de adultos
aulas clases formacion educacion
20 Feb 2023

O Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración de Burela vai organizar de novo unha acción formativa de alfabetización de adultos/as para a aprendizaxe dos idiomas da nosa comunidade. Esta acción, que está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo, comezará o 1 de marzo.

Noelia Mª Ben, a concelleira de Inmigración, explica que “con esta formación trátase de axudar a lograr unha adquisición lingüística favorable para o bo desenvolvemento tanto na vida social como laboral das persoas estranxeiras, xa que entendemos que o bo coñecemento e o bo uso do idioma é un dos motores principais para a integración integral”.

As persoas que precisen máis información poden solicitala na Casa do Concello ou chamando ao 982 58 60 00 ou 982 58 06 09.

0.071335077285767