A concelleira de Viveiro, Lara Fernández, participou na Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade

AMariñaXa
Lugo acolle o II Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional ao Desenvolvemento ata o xoves
Viveiro  CONFEDERACIÓN DE FONDOS DE COOPERACIÓN 2024
8 Mar 2024

A Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade (Confocos), que reúne a máis dun milleiro de entidades locais do Estado que se agrupan en nove fondos territoriais, renovou os seus órganos de goberno na súa asemblea anual celebrada en Barcelona.

Núria Parlón, alcaldesa de Santa Coloma de Gramenet, foi elixida presidenta da Confederación, mentres que o alcalde de Nigrán e presidente do Fondo Galego de Cooperación, Juan Antonio Gónzalez, repite como vicepresidente. A concelleira de Viveiro Lara Fernández Fernández-Noriega participou na asamblea, xa que forma parte da executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

“Desde a confederación seguiremos afianzando o papel imprescindible que xoga a cooperación municipal na sociedade actual”, explica Fernández-Noriega.

Confocos reúne a máis dun milleiro de entidades locais (entre concellos, deputacións e consells) agrupados nun total de nove fondos territoriais.

A confederación naceu 1995 e ten como obxectivos contribuír a impulsar a cooperación descentralizada dentro e fóra dos ámbitos territoriais dos seus membros e ser interlocutor ante as institucións estatais, europeas e internacionais naqueles temas onde hai intereses coincidentes.

0.19012022018433