A concelleira de Igualdade, Ensino e Mocidade, de Ribadeo presentou a súa dimisión
A concelleira de Igualdade, Ensino e Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, presentou a súa dimisión tras máis de 20 anos dedicada á política municipal.
A edil nacionalista abandona por motivos familiares: “neste momento non podo compatibilizar a miña vida persoal e laboral coa política. A min gústame estar ao 100% e agora mesmo iso é imposible. Entón entendín que toca dicir ata aquí cheguei”.
Álvarez Lastra tivo palabras de agradecemento “para todo o persoal das Concellarías de Igualdade, Ensino e Mocidade polo esforzo que estiveron realizando desde o pasado mes de marzo para que todo o traballo que programamos saíse adiante”.
Da renuncia de Mariluz Álvarez Lastra darase conta no pleno ordinario da Corporación Municipal de Ribadeo previsto para este xoves, 14 de xullo.
A concelleira ribadense mantivo esta tarde unha xuntanza coas súas compañeiras e compañeiros de goberno municipal na Praza 8 de marzo.