A compañía Teatro do Atlántico revivirá a Rosalía de Castro en Burela o día 21

AMariñaXa
A compañía Teatro do Atlántico revivirá a Rosalía de Castro na casa da cultura de Burela co espectáculo músico teatral Libre coma os paxaros
libre como os paxaros teatro
12 Nov 2021

A compañía Teatro do Atlántico revivirá a Rosalía de Castro o domingo 21 de novembro ás 19.30 horas na casa da cultura de Burela co espectáculo músico teatral Libre coma os paxaros nunha escenografía dirixida por Xulio Lago e interpretada por María Barcala que conta co acompañamento musical de Vadim Yukhenevich.

A obra fundaméntase nunha peza teatral escrita coa mente posta tanto no público adulto coma nos adolescentes a partir duns catorce anos. A protagonista é Rosalía de Castro, interpretada por María Barcala, que se dirixe aos presentes en primeira persoa, compartindo as condicións da súa propia orixe, do seu pensamento, das súas circunstancias sociais e dos condicionamentos que tivo que superar para ser quen de exercer a creación poética e literaria.

A actividade inclúese dentro do programa de dinamización lingüística #FalaREdes, que ofrece propostas lúdicas e culturais en galego, destinadas a todo tipo de público. O seu propósito é fomentar, normalizar e poñer en valor o emprego da lingua galega, así como apoiar os creadores e artistas que desenvolven o seu traballo na nosa lingua. A entrada será libre ata completar aforo.

libre como os paxaros
0.19363689422607