A Compañía de Teatro El Ruiseñor celebra 20 anos de escenario

AMariñaXa | ACoruñaXa
Nacida en 2006 e dirixida por Susana Crespo, a formación consolidou un selo propio impulsado polo éxito de 'A xuntanza', gañadora do premio á mellor representación no VII Certame de Teatro de Lourenzá
CULLEREDO compañia teatro ruiseñor
8 Jan 2026

A Compañía de Teatro El Ruiseñor está de aniversario. O grupo cullerdense cumpre dúas décadas de traxectoria desde que botou a andar en 2006, convertendo o seu proxecto nunha canteira escénica e nunha das referencias do teatro afeccionado da área coruñesa.

Ao longo destes 20 anos, El Ruiseñor foi construíndo un repertorio amplo, no que conviven textos clásicos con lecturas propias e montaxes pensadas para público familiar. No seu historial aparecen títulos de Shakespeare como 'Las esposas alegres de Windsor', ou pezas do teatro grego que foron marcando etapas, cómo 'Áulide', 'Agamenón', 'Edipo Rei' ou 'Asamblea de las mujeres', ademais doutras propostas de autores como Tennessee Williams.

Entre as obras máis recoñecidas do seu percorrido figuran tamén creacións e adaptacións asinadas no seu entorno artístico, como 'Delrevés', 'Hansel' ou 'A xuntanza'. Esta última pechou 2025 cun forte impulso ao facerse co premio á mellor representación no VII Certame de Teatro de Lourenzá, sumando tamén o galardón á mellor posta en escena e o premio ao mellor actor para Fernando Moares.

O seu palmarés inclúe, ademais, éxitos nos Premios Buero de Teatro Xuvenil en Galicia por 'Las esposas alegres de Windsor', 'Delrevés' e 'Hansel', recoñecementos nos Premios Lugrís Freire por 'Electra', o premio do público por 'Arsénico por compasión' e premios en mostras de teatro afeccionado, confirmando unha evolución sostida que combina formación, constancia e paixón polo directo.

⚙ Configurar cookies
0.21659994125366