A compañía De Ste Xeito representará Feminíssimas na casa da cultura de Burela
A compañía De Ste Xeito representará Feminíssimas na casa da cultura de Burela o venres 18 de marzo ás 21.00 horas.
Trata sobre un congreso feminista na cidade de Vigo no que tres amigas da adolescencia que hai anos que non se ven. Tres maneiras moi distintas de entender o “feminismo". Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.
Este é o punto de partida da creación de Esther F. Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha peza teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -desde a comedia- de que maneira as mulleres estamos a convivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira tamén de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía. En resumo: unha comedia negra… moi violeta.
As entradas estarán dispoñibles na billeteira da casa da cultura por 3 euros.