A comisión de Santo Estevo do Vicedo organiza unha festa o venres 13 de maio

AMariñaXa
A comisión de festas de Santo Estevo do Vicedo organiza unha festa polas Letras Galegas que será o venres 13 de maio,
festas letras galegas vicedo 1
30 Apr 2022

A comisión de festas de Santo Estevo do Vicedo organiza unha festa polas Letras Galegas que será o venres 13 de maio, unha tarde-noite de música tradicional e cantos de taberna para pasalo moi ben con grupos coñecidos na zona.

Nesta festa haberá unha rondalla de música tradicional e cantos de taberna polos bares da vila a cargo do Grupo de Gaitas do Ortegal, Silbarda e Os do 21.

Arredor das 00.00 horas será a quenda do gran sorteo dun vale para dúas persoas no Spa das Sirenas que se celebrará no mesón O Remo e a continuación un xogo de bingo.

As rifas estarán a disposición do público os próximos días na librería Ábrela e o propio día poderanse adquirir á comisión de festas


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19702005386353