A Comisión de Heráldica oficializa a nova bandeira de Alfoz

AMariñaXa
A Comisión de Heráldica aproba a nova bandeira do Concello de Alfoz. Así xa disporán dunha insignia oficial
bandeira alfoz
8 Jun 2022

O Concello de Alfoz conta xa coa súa nova bandeira trala aprobación pola Comisión de Heráldica, un órgano consultivo encargado de emitir informes vinculantes de aprobación, modificación ou rehabilitación de escudos heráldicos e bandeiras das entidades locais galegas.

O encargado de elaborar os bocetos foi Eduardo Pardo de Guevara, presidente do instituto de estudios Padre Sarmiento, que cos diferentes elementos característicos do Concello e que xa figuran no escudo municipal conseguiu plasmar a espíritu do municipio.

Este novo pendón conta cun fondo verde que simboliza o val, a torre en blanco, sinal de identidade do Concello de Alfoz, e os símbolos do escudo de armas do mariscal Pardo de Cela en azul sobre un campo amarelo.

Esta aprobación chega un ano despois de que o Concello aprobara e presentará o boceto ao Consello da Xunta.

Segundo explicou a directora xeral de Administración Local, os municipios e as demais entidades locais de Galicia poderán adoptar escudos heráldicos e bandeiras propios e privativos, modificar os xa existentes ou rehabilitar os que historicamente se empregasen, baseándose sempre en feitos históricos ou xeográficos característicos e peculiares do seu territorio e conforme ás normativas de heráldica.

Ningunha entidade local de Galicia poderá utilizar escudo heráldico ou bandeira que non fosen aprobados polo Consello da Xunta de Galicia, sen prexuízo daqueles que foron aprobados pola Administración do Estado con anterioridade á transferencia de competencias a favor de Galicia.

0.16368794441223