A Comisión de Festas San Juan Vilaronte, en Foz, organiza a I Comida-Baile
AMariñaXa
A Comisión de Festas San Juan Vilaronte, en Foz, organiza a I Comida-Baile aos pés de Cornería para o vindeiro domingo 6 de novembro.
9 Out 2022
A Comisión de Festas San Juan Vilaronte, en Foz, organiza a I Comida-Baile aos pés de Cornería para o vindeiro domingo 6 de novembro.
Este xantar será ás 15.00 horas e contará cunha carpa situada no atrio da igrexa. O menú está composto por empanadillas, arroz caldoso con bogavante, codillo de porco, tarta de santiago, bebida e café; e terá un prezo de 30 euros para adultos e 20 para nenos de 3 a 10 anos.
Tamén haberá sesión vermut e tardeo co Dúo Principal e para asistir será necesario anotarse chamando aos teléfonos 626 309 753, 670 500 995 ou 622 626 259.
A data límite para anotarse é o domingo 30 de Outubro