A comisión de festas do San Roque de Viveiro está a organizar unha festa de Entroido

AMariñaXa
Esta cita gastronómica festiva farase no pavillón Antonio Tarrío e será a base do produto estrela destas datas, o cocido
comision-festas viveiro 2024
12 Jan 2025

A comisión de festas do San Roque de Viveiro vén de informar que están a recadar fondos para as actividades festivas deste ano. A primeira delas será a festa de Entroido que se celebrará o 3 de marzo e con ela recadaranse fondos para as festas do San Roque 2025.

Esta cita gastronómica festiva farase no pavillón Antonio Tarrío e será a base do produto estrela destas datas, o cocido, e contará con concurso de disfraces.

Esta nova asociación, formada en novembro de 2024, está conformada por Juan Manuel Sánchez, Raquel Trasancos, Cristina Parapar, Pablo Seixo, Gerardo Veiga e Hugo Ron. E naceu co obxectivo de “revitalizar as festas de San Roque e conseguir impregnar un sentimento de pertenza na xente de Viveiro cara as festas que neste momento non existe” indican desde a comisión.

“A nosa idea é a de organizar unhas festas con cabida para todas as idades e todos os gustos” sinalaron desde a asociación na súa creación.

0.17021894454956