A Comisión de Festas do Carmen do Vicedo organiza unha comida popular
A Comisión de Festas do Carmen do Vicedo organiza unha comida popular o próximo 15 de febreiro, un evento pensado para gozar en boa compañía e celebrar a gastronomía local.
As actividades comezarán ás 13.30 horas cunha animada sesión vermú que contará coa actuación musical do Dúo Caramelo, quen amenizará o ambiente cun repertorio festivo.
De seguido, terá lugar a comida popular, onde os asistentes poderán degustar un menú tradicional que inclúe sopa de cocido, cocido completo, bebida, pan, sobremesa, café e chopo. Unha oportunidade perfecta para saborear os pratos típicos da terra.
O prezo por persoa é de 27 euros. Para participar, é necesario reservar praza antes do 12 de febreiro, contactando cos seguintes números de teléfono 669 870 888, 605 503 760 ou 634 472 724.
Para rematar a xornada, haberá unha verbena, tamén a cargo do Dúo Caramelo, que asegurará a diversión ata altas horas.
O evento contará cunha carpa climatizada, garantindo o máximo confort para todos os asistentes.