A comisión de festas de Vegadeo decidiu crear uns almanaques do 2022

Despois do éxito que os calendarios do ano pasado tiveran entre os veciños, a comisión de festas de Vegadeo decidiu crear conxuntamente co fotógrafo Alberto Fernández de la Torre os do 2022, que xa están dispoñibles e pódense adquirir nos comercios Foto Antonio, Librería Casa Pérez, Librería Patefa e Librería San Pedro.
Por outra banda, a escola municipal da saúde de Vegadeo organiza un taller de recursos persoais ante a crise da covid. Esta actividade está dirixida a toda a veciñanza e será o martes 14 e xoves 16 de decembro ás 17.30 horas no centro social de maiores de Vegadeo. O curso estará impartido pola psicóloga Eva María Rosado García e para participar é necesario a previa inscrición no Concello ou chamando ao teléfono 697 163 640.