A Comisión de Festas de Trabada organiza o Gran Cocido

AMariñaXa
Unha oportunidade para gozar dun gran cocido e dunha xornada de música e entretemento
gran-cocido-trabada-febreiro-2025
18 Jan 2025

O próximo 1 de febreiro, o Pavillón Municipal de Trabada acollerá o esperado evento gastronómico do Gran Cocido, organizado pola Comisión de Festas de Trabada.

A xornada dará comezo ás 13:00 horas cunha animada sesión vermú a cargo do artista Luis Rey, quen poñerá música e bo ambiente para ir abrindo apetito antes da comida.

A continuación, servirase o cocido completo, preparado polo recoñecido Cátering Sarredo, que inclúe: sopa de cocido, morro, orella, lacón, costela, butelo, chourizo, verdura, garavanzos e cachelos, ademais de sobremesa, viño, auga, refrescos, café e chopo.

Durante o evento, sortearanse tres cestas de Entroido, valoradas en 70 euros cada unha, como un atractivo adicional para os asistentes.

A festa continuará despois da comida, coa música de Luis Rey e o DJ Bombardero, asegurando diversión e animación para todos os públicos.

O prezo dos billetes é de 35 euros para adultos e 15 euros para nenos menores de 12 anos. Os tíckets poderán adquirirse ata o 27 de xaneiro no Mesón Camiño Norte e en Spar Trabada.

Para realizar reservas, podes contactar cos seguintes teléfonos 663 36 23 29, 649 65 13 24 ou 650 47 91 79.

0.16543507575989