A comisión de festas de Santo Estevo do Vicedo organizan a festa de Entroido

AMariñaXa
A comisión de festas de Santo Estevo do Vicedo organizan a festa de Entroido o sábado 5 marzo coa colabora a Apa Vicedo
entroido O Vicedo apa
7 Feb 2022

A comisión de festas de Santo Estevo do Vicedo organizan a festa de Entroido o sábado 5 marzo e un ano máis a Apa Vicedo anímase a colaborar cun posto de chucherías e algunha sorpresiña máis.

O evento comezará ás 19.00 horas cunha festa infantil con música e inchables e coa actuación do mago Kiko Carrolo, e seguirá ás 21.30 horas co desfile e concurso infantil.

Máis tarde, ás 22.30 horas, será a gran verbena a cargo do Dúo DVicio e acto seguido poderase bailar coa disco móvil Eventec, e xa á media noite será o desfile e concurso de adultos.

Haberá premios para todas as categorías, nos que os grupos levarán 100 euros, as parellas 60 euros e os individuais 30.

Ademais entre os asistentes sortearase unha gran cesta con produtos típicos destas datas.

0.17946004867554