A comisión de festas de San Juan de Covas organiza unha cea baile
AMariñaXa
A comisión de festas de San Juan de Covas organiza para o vindeiro 25 de marzo a partir das 22.00 horas unha cea baile.
5 Mar 2023
A comisión de festas de San Juan de Covas organiza para o vindeiro 25 de marzo a partir das 22.00 horas unha cea baile. Será nunha carpa instalada no campo da festa.
Esta cea-baile contará cun menú a base de empanada, entremeses, carne asada, bebida, sobremesa, café e chupito. Todo elo por 25 euros adultos e 15 para nenos menores de 12 anos.
As entradas para a cea poden adquirirse no Mesón K2, no bar Nordés e no Xugo. Para reservar mesas para grupos será necesario chamar aos teléfono 687 816 195 ou 618 368 896.