A comisión de festas de San Estevo do Vicedo comeza a organizar as festas de agosto
AMariñaXa
A comisión de festas de San Estevo do Vicedo está comezando a organizar as súas festas que se celebrarán os días 6 e 7 de agosto.
30 Maio 2022
A comisión de festas de San Estevo do Vicedo está comezando a organizar as súas festas que se celebrarán os días 6 e 7 de agosto.
A cita festiva contará o sábado 6 co grupo asturiano Da Silva que amenizarán a sesión vermú e noite do sábado. A este grupo únese o Duo D'Vicio que estará deleitando aos asistentes o día da Xira de Xilloy, domingo 7 de agosto.
D'Vicio porá a nota musical á sesión vermú e á verbena de pola noite. Levarán escenario propio e "ganas de moita marcha para facernos pasar un rato brutal como no Entroido", dixeron dende a comisión de festas.
Aínda faltan moitos grupos musicais e novidades por desvelar pero "iremos adiantando pouco a pouco", remataron dicindo dende a organización.