A comisión de festas de San Bartolo de Barreiros organiza o PanceBingo

AMariñaXa
A cita será no campo da festa a partir das 20.30 horas
pance_bingo
30 Xul 2024

A comisión de festas de San Bartolo de Barreiros organiza o PanceBingo o vindeiro 2 de agosto. A cita será no campo da festa a partir das 20.30 horas. O menú será a base de panceta, chourizo, pan e auga ou viño por un pero de 10 euros de xeito anticipado ou de 12 se se merca o ticket ese día.

Organizarán tamén nesta xornada tres sesións de bingo, ás 22.00, ás 22.30 e unha última ás 23.00 horas. Tampouco faltará a música, xa que será o Grupo Saíñas o encargado de amenizar a noite.

0.14893102645874