A Comisión de Festas de Ribadeo anunciou a Gran Cea de Cocido
A Comisión de Festas de Ribadeo anunciou un evento especial para celebrar o Antroido: unha Gran Cea de Cocido acompañada de música en directo e moita diversión.
A cita será o luns 3 de marzo na carpa situada no Parque de San Francisco, cunha cea que dará comezo ás 22.00 horas. A carpa estará aberta dende as 20.30 para que os asistentes poidan ir quentando motores. O menú contará cun cocido completo servido por Cátering Sarredo, e a festa continuará tras a cea coas actuacións do Grupo D’Cano e The Sound Project, garantindo unha noite chea de ambiente festivo.
As entradas, cun prezo de 30€, xa están á venda en Galipizza Ribadeo, Restaurante Marinero, O Xardín Café, Bar Nevada, O Furancho No Camiño e Cafetería Hucar en Barreiros. Ademais, a organización habilitou o número 632 113 059 (só dispoñible en WhatsApp) para xestionar reservas e facilitar a colocación de grupos grandes nas mesas.