A comisión de festas de Burela organiza unha cea baile para recadar fondos

AMariñaXa
As festas patronais de Burela celebraranse do 2 ao 5 de xuño. A comisión organizadora comeza coa recollida de donativos. 
8 Abr 2024

A comisión de festas de Burela organiza unha cea baile para recadar fondos para as festas. Esta cita será o sábado 27 de abril ás 22.00 horas no Nordes.

O menú consta de patacas con xamón, lagostinos á prancha, croquetas caseiras, solombo de porco, bebida e sobremesa. Todo elo por un prezo de 35 euros no que o cada entrada inclúe un donativo de 8 euros para as festas patronais de Burela. Ademais a cea estará amenizada por un DJ e contarán con multiples sorteos.

Este ano as festas patronaiscelebraranse do 31 de maio ao 3 de xuño. Así, o venres 31 de maio comezarán abrindo as festas as orquestra s Olympus e Claxxon, seguira o sábado 1 de xuño con Neón e New York, o domingo 2 será a quenda da orquestra Principal e El Combo Dominicano, e o luns 3 de xuño poñerán punto e final a estas celebracións Arizona, Panorama e París de Noia.

0.16650009155273