A Comisión de Festas da Xunqueira sortea dúas cestas especiais de San Valentín e Antroido

AMariñaXa
Por só cinco euros, cada papeleta permite participar en dous sorteos valorados en máis de 700 euros para apoiar as festas da parroquia
viveiro-xunqueira-cestas-antroido-2026
7 Jan 2026

A Comisión de Festas da Xunqueira puxo en marcha unha nova iniciativa solidaria coa organización do sorteo de dúas cestas especiais coincidindo co San Valentín e co Antroido, unha proposta coa que se busca recadar fondos para a celebración das festas do ano 2026 e, ao mesmo tempo, ofrecer atractivos premios á veciñanza.

Por un prezo único de cinco euros, cada papeleta permite participar nos dous sorteos, polo que unha mesma persoa pode resultar gañadora dunha das cestas ou mesmo das dúas. A primeira delas é a Cesta de San Valentín, valorada en máis de 400 euros, que inclúe todo o necesario para celebrar unha escapada romántica, con estancia en hotel incluída. O sorteo desta cesta realizarase o día 6 de febreiro de 2026, coincidindo co cupón diario da ONCE.

A segunda proposta é a Cesta de Antroido, cun valor superior aos 300 euros, pensada para gozar dunha celebración gastronómica tradicional. Inclúe todos os produtos necesarios para preparar e degustar un completo cocido, ademais do sobremesa. O seu sorteo terá lugar o 11 de febreiro de 2026, tamén a través do cupón diario da ONCE.

As papeletas están á venda no Bar A Curva e no Supermercado TodoenUno, así como a través de calquera membro da Comisión de Festas, que facilitará a súa adquisición ao longo dos próximos días. Desde a organización animan á participación e lembran que cada colaboración contribúe directamente a facer posibles as festas da Xunqueira o vindeiro ano.

⚙ Configurar cookies
0.16564607620239