A comedia 'Vaia faena a corentena' aterra no Valadouro

AMariñaXa
O 9 de abril o grupo teatral O Centiño de San Martiño de Foz representará Vaia Faena a corentena na no local social de veciños de Alaxe
Vaia faena a corentena 1
4 Abr 2022

O sábado 9 de abril ás 20.00 horas o grupo teatral O Centiño de San Martiño de Foz representará na no local social da asociación de veciños de Alaxe, no Valadouro, a comedia para todos os públicos Vaia faena a corentena.

A entrada será libre ata completar aforo e o evento seguirá o protocolo covid vixente que implica vestir máscara, usar hidroxel e manter a distancia de seguridade.

Vaia faena a corentena é unha historia baseada en feitos reais ocorridos durante o confinamento pola covid-19.

0.15428805351257