A comedia 'Go Home', protagonizada por Josito Porto e David Amor, chega a Viveiro

AMariñaXa
Conta a historia de David, un fanático do turismo que xa fixo todo tipo de aventuras que as axencias de turismo lle podían ofrecer. Todas menos unha: unha viaxe sorpresa, a cegas
go_home
Cartel da obra
23 Maio 2024

Este venres 24 chega ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro Go Home. A comedia de Jose Luis Prieto Roca está protagonizada por Josito Porto e David Amor en asociación con grandes da dramaturxia como José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira e Xavier Porto. Conta a historia de David, un fanático do turismo que xa fixo todo tipo de aventuras que as axencias de turismo lle podían ofrecer. Todas menos unha: unha viaxe sorpresa, a cegas, na que non sabe o que lle vai acontecer.

A peripecia levaráo a pasar a noite no Cebreiro, comezando unha aventura na que David gozará de emocións intensas, tales como a dúbida, o medo e a sorpresa. Go Home é o novo espectáculo dirixido por Tito Asorey, unha comedia, comprometida coa realidade e cun elenco de luxo para tratar unha das temáticas máis de actualidade do momento: o turismo e a xerintrificación. As entradas poden adquirirse de luns a xoves no teléfono 982 560 162, en horario, de 9 a 14.00 horas, ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es, e tamén no teatro unha hora antes da función.

0.14046096801758