A comedia Conexión Pingüín, chega a Burela

AMariñaXa
A obra Conexión Pingüín chega á casa da cultura de Burela o sábado 27 d enovembro ás 20.30 horas. É unha divertida comedia
conexion pinguin 1
10 Nov 2021

A obra Conexión Pingüín chega á casa da cultura de Burela o sábado 27 d enovembro ás 20.30 horas. É unha divertida comedia protagonizada por Luis Iglesia e Marcos Orsi que fala da incomunicación entre os seres humanos.

Os dous actores metéranse na pel de dous intrépidos montañeiros, con falta de sentido común e exceso de ego, que tratan de chegar á Antártida, loitando contra as inclemencias polares, a falta de escolta, o descoido mortal e as súas propias barbas, que non paran de crecer.

A posta en escena mestura neve polar, móbiles de última xeración, pingüíns no horizonte, cordas enredadas, un mapa, un compás ou un gps para reforzar un relato sobre a falta de comunicación nunha sociedade cada vez máis conectada.

As entradas para este espectáculo terán un prezo de 4 euros.

conexion pinguin cartel

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17826318740845