A CIT da Pontenova comezou a debullar ao participantes na 44ª Festa da Troita
Os organizadores da 44ª Festa da Troita do Concello da Pontenova, declarada de Interese Turístico Galego e de Interese Turístico Deportivo Nacional, xa comezaron a debullar ao participantes e a pregoeira, Odile Rodríguez de la Fuente, filla do divulgador ambientalista Félix Rodríguez de la Fuente.
Así mesmo, confirmaron a presencia e participación no Concurso de Pesca do campión Pablo Castro Pinos, El Bombero. Castro xa gañara o Concurso de Pesca hai uns anos e ten no seu poder a Troita de Ouro da festa polo seu excelso palmarés como deportista.
"Sen dúbida, a participación deste campión mundial e quizais o competidor máis mediático de toda España, será un atractivo máis para os pescadores e para os medios que se acheguen á Pontenova o ano que ven", din dende a CIT, colectivo organizador.
O programa decano da caza e da pesca a nivel nacional, Jara y Sedal de TVE, tamén confirmou a súa presenza na Festa da Troita de 2024. "Sempre é un pracer recibir o fantástico equipo deste prestixioso programa que leva en antena máis de 30 anos", engaden dende a CIT.
Como xa fixeron hai anos cun especial de pesca no río Eo, "seguro que nesta ocasión tamén saberán divulgar a importancia da cultura ribeireña, os valores que atesoura o río Eo e a importancia da pesca e da Festa da Troita para A Pontenova e comarca", sinalan.
https://galiciaxa.com/2023/09/amxa/zonas-amxa/pontenova-amxa/228859/