A CIT da Pontenova activa o calendario festivo con novidades para a Festa da Troita

AMariñaXa
A entidade anuncia novidades para o 1 de maio e prepara un Entroido infantil cheo de actividades
pedras-honra-paseo-pescador-pontenova
11 Jan 2026

O Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) da Pontenova arrinca o novo ano cunha intensa axenda de traballo e coa planificación das principais citas festivas e promocionais do municipio. Entre elas destaca, un ano máis, a celebración da Festa da Troita, que manterá a súa data tradicional do 1 de maio e que xa está a ser obxecto dos primeiros preparativos.

Desde a organización avanzan que a próxima edición da festa chegará con importantes novidades e cun cartel de alto nivel, xa que está prevista a participación de seis ou sete campións do mundo, o que reforzará o atractivo dun evento consolidado como referente gastronómico e turístico da comarca.

Xunto a esta cita emblemática, a CIT tamén traballa na organización dunha festa de Entroido dirixida ao público infantil, que se celebrará durante a fin de semana do 14 e 15 de febreiro no pavillón Tito Margaride, aínda pendente de pechar datas definitivas. A proposta incluirá xogos, música, baile e múltiples actividades pensadas para garantir a diversión dos máis pequenos durante unha das festividades máis agardadas do calendario.

⚙ Configurar cookies
0.089612007141113