A Cinemateca Ambulante de Vegadeo volve este mes
A Cinemateca Ambulante ofrece para estes últimos meses varias películas no Auditorio Félix Menéndez, a partir das 20.00 horas.
A seguinte cita en Vegadeo terá lugar o mércores día 22 de novembro, coa proxección da película 'Enferma de mi', o mércores día 13 de decembro, será a quenda da película 'En lo alto'.
Por outra banda, o teatro tamén se achegará á vila o domingo día 12 de novembro, da man da compañía Escenapache e a súa obra 'Planeta Joselín'.
Está protagonizada por Alberto Rodríguez, Tania de la Cruz, Félix Llano e Pepe Mieres, a obra sacará máis dun sorriso entre o público vegadense.
Baixo a dirección de Marga Llano, contarase a historia de Joselín, un mozo que se namora dunha moza de nome Leyre e que, para conquistala, contará coa inestimable axuda dos seus amigos, Amador e Tinín, e de sabios consellos do seu pai Claudio.
Esta nova cita coa cultura en Vegadeo terá lugar no Auditorio Félix Menéndez, a partir das18.00 horas, e a súa asistencia será gratuíta.