A Cinemateca Ambulante de Vegadeo ofrece catro curtametraxes producidas en Asturias
A Cinemateca Ambulante ofrece neste programa unha selección de catro curtametraxes producidas recentemente en Asturias e que están incluídos no catálogo de distribución Curtametraxes Laboral Cinemateca.
Esta é unha sesión diversa, áxil e apaixonante, onde teñen cabida o documental e a ficción e que aposta, sobre todo, polos novos talentos asturianos. Está composta por catro obras que percorreron algúns dos máis importantes festivais internacionais de todo o planeta, sendo algúns deles merecedores de varios premios.
Proxectaranse o día 11 de maio na casa da cultura ás 20.00 horas e a sesión comezará coa obra La colcha y la madre de David P. Sañudo, seguirá Los ladrillos de Tito Montero, Moru de Ángeles Muñiz Cachón e Nyami Nyami de David Rodríguez Muñiz.