A CIG Saúde A Mariña denuncia que o Hospital "queda cun só especialista en cardioloxía"

AMariñaXa
A CIG-Saúde da Mariña denuncia que "o hospital queda das tres escasas prazas que ten dotadas, cun só especialista en cardioloxía".
CARDIOLOXÍA medicos
16 Feb 2024

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que "o hospital queda das tres escasas prazas que ten dotadas, cun só especialista en cardioloxía".

"Unha vez máis, a causa é a nefasta xestión desta dirección, provocando traslados e ingresos de pacientes da Mariña ao HULA por falta de especialistas, a máis de 100 Km, e arrastrando con eles as súas familias”, denuncian.

Dende CIG Saúde A Mariña explican que “cun só un cardiólogo é imposible atender a consulta diaria, os ingresos na planta, ou atender urxencias”, polo que o Hospital da Mariña "só asumirá 4 pacientes ingresados de cardioloxía, a partires de aí son trasladados e ingresados no HULA".

Así mesmo,  din que os pacientes cun episodio cardiovascular agudo e que precisan dun cateterismo, "derívanse a Hemodinámica no HULA e xa quedan ingresados en Lugo por falta de especialistas na Mariña".

Tamén haberá un aumento das listas de agarda para a realización de probas diagnósticas, en consultas de revisión imprescindibles, en primeiras consultas para diagnosticar. Inasumibles e vergoñentas, que multiplicarán as que xa había até o de agora.

RESCATAR A SANIDADE PÚBLICA.

“Atopámonos con menos e peores servizos, máis derivacións e ingresos no HULA de pacientes da Mariña, máis listas de agarda e a imposibilidade de garantir una sanidade digna e de proximidade aos mariñaos e mariñás”, sinalan.

Para a sindicato nacionalista galego “é fundamental rescatar a sanidade pública galega para garantir un servizo básico de calidade e proximidade”, conclúen.

0.17592310905457