A Chocolateira organiza xornadas de baile tradicional foliadeiro na Pontenova

AMariñaXa
As sesións serán impartidas por Adrián Méndez, membro do coñecido grupo Ninghures
Muiñeira clases baile tradicional
14 Out 2024

Na Pontenova deu comezo unha nova iniciativa que busca promover o folclore local e a cultura tradicional galega a través das clases de baile tradicional foliadeiro. As sesións serán impartidas por Adrián Méndez, membro do coñecido grupo Ninghures, e están abertas tanto a nenos e nenas a partir de tres anos como a adultos.

As clases terán lugar nas mañás dos sábados e ofrecerán unha oportunidade única para aprender e desfrutar das danzas populares galegas, promovendo a cultura e o entretemento en comunidade. A organización corre a cargo da asociación musical A Chocolateira, co apoio do Concello de A Pontenova. En canto aos prezos, os socios poderán asistir por 7 euros ao mes, mentres que para os non socios o custo será de 15 euros ao mes.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar nos números de teléfono 610 947 738 ou 653 434 712. Esta actividade busca crear un espazo de lecer e aprendizaxe interxeracional, onde grandes e pequenos poidan coñecer e gozar da rica tradición do baile galego.

baile tradicional eco das minas
0.18794298171997