A CEL prepara para o día 13 unha xornada sobre axudas autonómicas en Ribadeo

AMariñaXa
A CEL organiza unha xornada sobre axudas autonómicas en Ribadeo o próximo xoves
OBRADOIROS QUEIXOS ribadeo
9 Xul 2023

O próximo día 13 de xullo está prevista en Ribadeo unha xornada informativa sobre as convocatorias das axudas Innovapeme e Deseñapeme da Axencia Galega de Innovación (GAIN) para o ano 2023, así coma de axudas de IGAPE para este mesmo exercicio.

Esta xornada, que será presencial e con posibilidade de asistencia por videoconferencia, enmárcase dentro das actuacións do programa Conecta Lugo, posto en marcha pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) co apoio da Xunta de Galicia a través de GAIN e o Igape con obxectivo de promover un maior coñecemento e aproveitamento por parte das empresas de Lugo das axudas en materia de innovación da Xunta e outros apoios autonómicos.

Innovapeme e Deseñapeme buscan dar resposta ás necesidades das pemes, en especial as menos innovadoras de sectores tradicionais, paliando a súa falla de recursos e coñecemento en materia de innovación. A través de DeseñaPeme apóiase a innovación en produto, servizo e experiencias, ademais de marca e identidade; mentres que InnovaPeme céntrase na innovación en procesos e organización.

Programa

A xornada terá lugar en horario de 11.00 a 14.00 horas no Hotel Gastronómico Araucaria Ribadeo en presencial, se ben está prevista tamén a posiblidade de asistencia telemática. Contará coas intervencións da directora de GAIN, Patricia Argerey, e o secretario xeral da CEL, Jaime López, así como de técnicos de GAIN e Igape e representantes de empresas que contarán a súa experiencia coas axudas obxecto de análise no evento (concretamente Granja Campomayor, Pescados Rubén e NIGAL).
A asistencia é gratuita pero as prazas limitadas, polo que é imprescindible inscribirse a través da web da CEL ou da de GAIN.

0.22436904907227