A Cazolga, en Lourenzá, comeza as súas festas cunha churrascada

AMariñaXa
A Cazolga celebra a súa romaría na honra a San Pedro de Fiz dende este venres a partir das 21.00 horas
Fogos artificiais
Foto recurso
23 Ago 2024

Esta fin de semana as festas tampouco van a faltar no muncipio de Lourenzá. A Cazolga celebra a súa romaría na honra a San Pedro de Fiz dende este venres a partir das 21.00 horas cunha cea a base de polbo e churrasco que irá seguida da verbena, a partir das 23.00 horas, con grupo Fénix e DM Conxuro.

O programa continúa o sábado 24 de agosto a partir das 13.00 horas con misa solemne, procesión e sesión vermú coa orquestra D´Noche que estará acompañada pola disco móbil á noite. O domingo chegan ao final as festas con misa solemne, procesión e de novo sesión vermú co dúo Belinda.

a cazolga festas
0.19667196273804