A casa niño de Ourol organiza para o 27 unha festa fin de curso

AMariñaXa
A casa niño de Ourol organiza para o luns 27 de xuño unha festa fin de curso para os nenos de Ourol de ata 7 anos de idade e as súas familas.
festa celebracion
24 Xuño 2022

A casa niño do Concello de Ourol organiza para o vindeiro luns 27 de xuño unha festa fin de curso para os nenos e nenas de Ourol de ata 7 anos de idade e as súas familas.

Para asistir á festa que dará comezo ás 17.00 horas non é necesario estar inscrito na casa niño pero si estar empadroado en Ourol.

Haberá un ágape con merenda e un espectáculo de contacontos para animar aos pequenos. Para dúbidas e máis información haberá que chamar ao teléfono 697 293 062

Festa casa nino Ourol 2022
0.16624712944031