A Casa dos Veciños de Santo Adrao, en Lourenzá, acollerá a presentación do libro de Ramón Nicolás

AMariñaXa
A Casa dos Veciños da parroquia de Santo Adrao acollerá este sábado, 1 de abril, ás 19 horas a presentación do libro de Ramón Nicolás
acto del riego lourenza abril 2023
29 Mar 2023

A Casa dos Veciños da parroquia de Santo Adrao acollerá este sábado, 1 de abril, ás 19 horas a presentación do libro de Ramón Nicolás titulado Francisco Fernández del Riego, vida e obra dun obreiro do galeguismo. Ademais proxectarase o audiovisual Don Paco volve a Lourenzá, de Arraianos Producións.

Este acto, incluído na programación para celebrar as Letras Galegas 2023 dedicadas a Fernández del Riego, está organizado pola Mesa Coordinadora Don Paco e o Concello de Lourenzá coa colaboración da Real Academia Galega, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.

acto del riego lourenza abril 2023
0.074226140975952