A casa de cultura de Vegadeo acolle unha mostra de Ricardo Villoria
AMariñaXa
A casa de cultura de Vegadeo acolle a exposición RCTA (Reinterpretación da Cultura Tradicional Asturiana) do artista Ricardo Villoria
9 May 2022
A casa de cultura de Vegadeo acolle a exposición RCTA (Reinterpretación da Cultura Tradicional Asturiana) do artista asturiano Ricardo Villoria, un percorrido a través de fotografía, vídeo, música e indumentaria da cultura asturiana.
Esta mostra englóbase dentro do Circuito de Asturies Cultura en Rede e estará aberta ao público ata o 31 de maio.
Ricardo Villoria é unha mente inquieta, un artista que experimentou coa moda, o vídeo ou a fotografía, creando a súa propia liña de roupa ou colaborando con artistas da talla de Rodrigo Cuevas.