A casa de cultura de Vegadeo acolle dúas actividades dentro do Circuito de Asturies Cultura en Rede

AMariñaXa
Esta semana na casa de cultura de Vegadeo temos o gusto de presentar dúas actividades dentro do Circuito de Asturies Cultura en Rede.
1 Circuito de Asturies Cultura en Rede Vegadeo
19 Apr 2022

Esta semana na casa de cultura de Vegadeo acollerá dúas actividades dentro do Circuito de Asturies Cultura en Rede.

Así, o mércores día 20 abrirase ao público a exposición RCTA (Reinterpretación da Cultura Tradicional Asturiana) do artista asturiano Ricardo Villoria, un percorrido a través de fotografía, vídeo, música e indumentaria da cultura asturiana. E o vindeiro xoves 28 de abril ás 19.00 haberá horas a posibilidade de realizar unha visita guiada co autor das obras.

O venres 22 de abril ás 18.00 horas, no Auditorio Félix Menéndez, haberá unha actuación da compañía Teatro do Cuervo con B-612 unha adaptación, recomendada para nenos e nenas á partir de 6 anos e para maiores, do Principiño e da vida do seu autor, Antoine de Saint- Exupéry.
A entrada será gratuíta.

Máis información sobre estas e outras actividades na súa páxina web.

0.099881887435913