A casa da cultura do Vicedo acollerá un curso sobre exercicio físico e hixiene postural
AMariñaXa
A casa da cultura do Vicedo acollerá o vindeiro 9 de abril un curso sobre exercicio físico e hixiene postural.
29 Mar 2024
A casa da cultura do Vicedo acollerá o vindeiro 9 de abril un curso sobre exercicio físico e hixiene postural. Incluirá anatomía, manexo de cargas, o papel da actividade física na saúde e recomendacións.
Esta cita farase en horario de 16.30 a 20.30 horas e para asistir é necesario inscribirse chamando ao 982 590 195, ou escribir na web da Escola Galega de cidadán do Sergas.