A casa da cultura do Vicedo acolle unha actividade de ornitoloxía

AMariñaXa
A casa da cultura do Vicedo acolle unha actividade de de ornitoloxía, dentro das xornadas Movementos de aves migratorias polo Atlántico
viaxeiras movementos aves vicedo 1
28 sep 2022

Esta semana a casa da cultura do Vicedo acolle unha actividade de ornitoloxía, dentro das xornadas Movementos de aves migratorias polo Atlántico, organizadas polo Ceida.

A xornada comezará o venres 30 ás 10.30 horas coa presentación que dará paso á charla sobre Que sabemos sobre os movementos de aves no Atlántico Norte? a cargo de Marcel Gil Velasco. Despois será a quenda de Sergio París con A onde van as padelas galegas?.

Xa o sábado 1 de outubro ás 10.30 horas será cando Antonio Sandoval fale da Importancia do corredor migratorio cantábrico para as aves mariñas do planeta.

A continuación os participantes poden desprazarse á Estaca de Bares, onde observarán o paso migratorio de aves.

A entrada é libre e sen necesidade de inscrición.

viaxeiras movementos aves vicedo
0.1771399974823