A casa da cultura do Vicedo acolle Ti debuxas, eu C@nto con Ramona Órbita

AMariñaXa
A casa da cultura do Vicedo acolle o vindeiro mércores 14 de xullo a actividades Ti debuxas, eu C@nto con Ramona Órbita.
ti debuxas eu canto 1
12 Xul 2021

A casa da cultura do Vicedo acolle o vindeiro mércores 14 de xullo a actividades Ti debuxas, eu C@nto con Ramona Órbita. Esta será ás 20.00 hora e contará con Paco Pakolas e Laura Romero.

Este espectáculo de animación á lectura e música rock infantil está subvencionado por Ler Conta Moito.

Despois da actuación, ás 22.30 horas será a quenda dunha ruta nocturna que parte da zona da ponte sobre o Sor e remata na praia de Xilloi con chocolatada opcional por 2  euros. Unha actividade para toda a familia para as noites de verán.

Para participar será necesaria a previa inscrición chamando ao teléfono 982 590 195 ou no mail omix@concellodovicedo.org.

ti debuxas eu canto
0.14060401916504