A casa da cultura de Vegadeo acollerá unha serie de charlas-debates durante todo o ano
O vindeiro venres 27 ás 20.00 horas na casa da cultura de Vegadeo terá lugar a primeira dunha serie de charlas-debates sobre temas de actualidade coa participación dunha persoa convidada.
Trátase dunha actividade que non pretende ser nin unha conferencia, nin unha clase maxistral, senón máis ben un lugar de encontro onde se poida socializar, debater, intercambiar ideas, escoitar e ser escoitadas.
A primeira persoa convidada será Laura Viñuela, feminista, musicóloga e formadora en igualdade, coeduación e violencia de xénero. Con ela falaremos sobre A imaxe da muller na música popular.
As seguintes persoas convidadas serán Miguel Presno, profesor en Dereito Constitucional, que falará sobre a intelixencia articficial e como inflúe nas vidas humanas o venres 24 de xuño.
O venres 30 de setembro será a quenda de Pablo Alcántara, historiador especializado no Franquismo, Transición e violencia política e policial, que estará en Vegadeo para falará do uso político dos corpos e forzas de seguridade do Estado.
Xa por último, Mario Colleoni, licenciado en Historia da Arte, Teoría da Literatura e Literatura Comparada, visitará Vegadeo o venres 21 de outubro, e con el reflexionarase sobre as condicións de posibilidade da arte e a beleza no mundo da inmediadez e das redes sociais.